domingo, 10 de março de 2013

"BOCADOS DE LINGUA"

O venres 8 de marzo os alumnos do Proxecto realizaron unha nova actividade creativa que bautizaron como "Bocados de lingua". Para tal tarefa "okuparon" o laboratorio e montaron "unha cociña atípica" cunha plancha eléctrica, un fornelo de camping gas e varios utensilios necesarios  para  o desenvolvemento de  distintas e suculentas propostas culinarias, ao tempo que traballaban o vocabulario relacionado co tema.
Todos traballaron con entusiasmo e incluso recibiron, nalgúns casos, axuda de profas e noutros, a visita  dalgúns profes e alumnos que se achegaron atraídos polo recendo.
Estes foron os manxares preparados:

  • empanadillas de verduras e salchicas
  • montadiños de ovos de paspallás e xamón serrano con salsa brava
  • poliños e ratiños de ovo cocido
  • allos porros á grella con chacina
  • doces de arroz con leite bañados en chocolate
  • brochetas de froita con xamón serrano e queixo.
Boas ideas para sorprender os amigos nunha comida ou cea informal. APUNTÁDESVOS?

Preparando o mollo das empanadillas
María, toda unha mestra cociñando

Que coloriña tan apetitosa colleron!

Dános pena comelos!!!
Ata Rani se atreve co deseño animal!


A fritir ovos de paspallás!



Chegoulle a hora ós allos porros...



Que xeito cortando a froita!
Preparar brochetas ten o seu aquel!


 Todo esforzo ten o seu resultado. Ollade que bocados!!!:









E, como non, chegou o momento máis esperado: A DESGUSTACIÓN!!!






Sem comentários:

Enviar um comentário