domingo, 2 de setembro de 2012

VITAMINAS PARA O GALEGO

Este curso 2012-13 imos presentarvos unha serie de actividades novidosas que os alumnos do proxecto "Fala coa túa lingua" irán desenvolvendo en cada trimestre:


                   Campaña "Vitaminas para o galego"




Selección dunha serie de verbas bonitas en galego que van acompañadas de debuxos para colocar en Infantil e Primaria (principalmente na zona do primeiro ciclo).
Finalidade: que os alumnos sintan e interioricen esas palabras para empregalas no seu día a día e se involucren coa proposta propoñendo novas verbas que poden introducir nunha urna en Primaria.








Foto da campaña en Infantil

Sem comentários:

Enviar um comentário